martes, 13 de marzo de 2018

Farai un vers de dreit nien - Guillermo de Aquitania

Farei uns versos do revés,
non serán sobre min nin doutra xente,
non serán de amor nin da mocidade,
nin de ren algunha;
e pois logo, trobeinos durmindo
dacabalo.

Non sei en que hora fun nado,
non son ledo nin airado,
non son forasteiro nin veciño,
e non podo ser doutro xeitiño;
e pois, fadáronme á noite
sobre un outeiro.

Non sei en que hora me deito,
nin a que hora esperto, se ome non mo di;
case que teño o meu cor fendido
por unha dor cordial,
e tanto me ten,
por San Marcial!

Doente estou e coido morrer,
e non sei ren máis cas que oio dicir,
quero un meigo á miña vontade,
máis non coñezo tal.
Bo meigo será se me pode sanar,
máis non, se empeorar.

Amiga teño eu, non sei quen é,
que aínda non a vin, xúrovolo pola miña fe,
nin me fixo ren que me prouguera,
nin que me pesara,
e tanto me ten!
pois non houbo normando nin francés
na miña pousada.

Aínda que non a vin ámoa moito,
aínda que non me fixo ben nen mal;
cando non a vexo, tanto me da,
non me importa un galo!
Que eu coñezo máis bela e xentil,
e que val máis.

Non sei o lugar onde está,
se está nun outeiro ou está no chan;
non ouso dicir o mal que me fai,
antes calo.
Pésame moito porque ela queda,
entón, eu marcho.

Feitos os versos, non sei sobre que,
dareinos a alguén
que os dará a un outro,
pra que os leve a Anjou
e me traia do seu estuche
a chave.

(C) Andregoto Galíndez por la traducción del occitano al gallego de la composición "Farai un vers de dreit nien" de Guilhem de Peitieu.

No hay comentarios: